Reflexión

"Locura es hacer la misma cosa una y otra vez esperando resultados distintos" (Albert Einstein 1879-1955)

martes, 17 de marzo de 2020

 FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte I da cuarentena por coronavirus)



Cómo se xenera a electricidade?

A electricidade é a enerxía máis importate no noso día a día. De feito, o seu papel vai ser moito maior no futuro debido a electrificación de grandes sectores como o transporte.

Pero... Cómo se xenera toda esa electricidade?

Para poder contestar a esa pregunta primeiro teño que explicarvos un pouquiño dun fenómeno que se descubríu no século XIX e que se chama ELECTROMAGNETISMO.

Tranquilos, no é moi difícil de entender. Científicos como Oersted  e Faraday déronse conta que a electridade e o magnetismo (o efecto producido polos imáns) non eran fenómenos illados, senón que non podía existir un sin o outro.

Parece mentira, non sÍ? Podemos pensar que as luces da nosa casa non teñen nada que ver cos imáns que coñecemos; pero estamos equivocados.

A continuación  póñovos o enlace dun video que fai un experimento no que nos amosa estas relacións.

ver video

Entón, a grandes rasgos, podemos dicir que con movemento e imáns podemos obter enerxía eléctrica.




Imos pensar nunha central hidroeléctrica... Qué será o qué fai mover o electroimán (esa bobina de cobre enrollado)?

A auga, claro!!!

Nos seguintes vídeos explícavos moi ben como funcionan:

Video central hidroeléctrica esquemático

Vídeo real central hidroeléctrica



Imos agora co traballo que vos toca facer a vos. Debedes facelo en follas soltas ou na libreta, a man. Despóis lle sacades unha foto e o enviades ó meu correo para que o corrixa e volo devolva. Ok? 

EXERCICIO 1: Cal é a provincia de España onde se xenera máis enerxía hidroeléctrica?

EXERCICIO 2: Trátase dunha fonte de enerxía renovable? Por qué?

EXERCICIO 3: Cáles son as ventaxas de este tipo de centrales?

EXERCICIO 4: Cáles son os inconvintes?

EXERCICIO 5: Coas centrais hidroeléctricas que temos en Galicia, serían suficientes para autoabastacernos? (refírome a autoabastecerse Galicia) Por qué?


ÁNIMO CHAVALES!!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario

O único requisito para comentar neste blog é o respecto polos demais.
Grazas pola túa participación