Reflexión

"Locura es hacer la misma cosa una y otra vez esperando resultados distintos" (Albert Einstein 1879-1955)

domingo, 24 de mayo de 2020

CENTRAIS NUCLEARES

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 5 da cuarentena por coronavirus)

As centrais nucleares son instalacións onde se producen reaccións de fisión controladas para obter enerxía térmica (vapor) que a súa vez moverá unha turbina conectada a un xenerador onde se producirá a electricidade.

Pero, qué é unha reacción de fisión nuclear?


Pois consiste nunha reacción físico-química mediante a cal se parte o núcleo dun átomo.

E qué conseguimos ó romper ó núcleo?

Obtemos unha cantidade  moi grande de enerxía en forma de calor.

E para qué queremos tanta calor?

Esta resposta xa a podemos supoñer, verdade?

Para obter vapor que segundo vimos nas centrales térmicas, derivará na consecución de electricidade no xenerador.

Sirve calquera átomo para a fisión nuclear?

Non. Só podemos utilizar materiais radiactivos como o uranio (principalmente) ou o plutonio.

No seguinte animación podedes ver unha explicación moi boa sobre o funcionamento das centrais nucleares:









Si queres indagar un pouco máis sobre a realidade das centrales nucleares déixoche o seguinte video:

Ver video

E agora tocan os exercicios:

EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?

EXERCICIO 2: Cáles son as similitudes e cáles as diferencias coas centrales térmicas vistas anteriormente?

EXERCICIO 3: Indica as ventaxas deste tipo de centrais

EXERCICIO 4: E cáles son os inconvintes?

EXERCICIO 5: Estase investigando a nivel internacional na fusión nuclear como a alternativa perfecta a este tipo de centrales nucleares. Podes investigar un pouco en qué consiste? 

EXERCICIO 6: Cáles son as centrais nucleares que temos en España e onde se atopan? Temos algunha en Galicia?


EXERCICIO 7: Investiga qué fan os distintos países cos seus residuos nucleares. Qué opinión che merece o tema do almacenamento de este tipo de residuos.




domingo, 10 de mayo de 2020

CENTRÁIS TÉRMICAS ELÉCTRICAS

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 4 da cuarentena por coronavirus)

Imos ir agora cun tipo de central eléctrica moi importante no noso país, por desgracia. Por qué o digo? Pois porque é bastante contaminante, sobre todo as de un tipo de combustible que ides descubrir máis adiante.

As centrais térmicas convencionais producen electricidade a partir da enerxía calorífica desprendida pola combustión de fuel-oil, carbón, gas natural, etc.

O combustible quéimase nunha caldeira, e a calor producida transmítese á auga, que se convirte en vapor a alta temperatura.

Despois de circular por unha serie de conductos, acciona as turbinas e impulsa as súas hélices facéndoas xirar. Dito movemento é transmitido ó xenerador que, polos fenómenos de electromagnetismo, convirte a enerxía cinética do movemento do rotor en enerxía eléctrica.

O vapor de auga utilizado enfríase na torre de refrixeración e volve a transformarse en auga líquida, que retornará de novo a caldeira.







No seguinte vídeo podedes ver claramente como funcionan estas centráis.


E xa vos toca facer os exercicios:

EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?

EXERCICIO 2: Vedes que estas centráis teñen dúas chimeneas: unha alta e delgada e outra moi ancha e máis baixa. Polas dúas vemos sair gases. Cál é a realmente contaminante? por qué?

EXERCICIO 3: Dos posibles combustibles de este tipo de central eléctrica, cál é máis contaminante, cal o que menos?

EXERCICIO 4: Qué porcentaxe do total da enerxía eléctrica que se xenera en España corresponde as centráis térmicas?

EXERCICIO 5: En qué lugar de España está a central térmica de máis potencia? E de Europa?

EXERCICIO 6: Sabías que o carbón, o petróleo... non só se utilizan para queimalos como combustible? Teñen outros usos moi importantes, podes investigar cáles?

EXERCICIO 7: Completa as fases de funcionamento dunha central térmica no seguinte esquema:




EXERCICIO 8: Qué relación teñen as centráis térmicas co efecto invernadoiro?




REPASO POLEAS E POLIPASTOS

DIFERENCIAS ENTRE POLEAS AGRUPADAS E ENCADENADAS


Aquí vos deixo un vídeo onde explican moi ben a diferencia entre os polipastos con poleas móviles agrupadas e polipastos de poleas móviles encadenadas.

ver vídeo

Recordade que para que podamos aforrar esforzo nos sistemas de poleas, necesítanse poleas móviles. As fixas non aforran nada.



LONXITUDE DE CORDA A RECOLLER 

Podemos aforrar esforzo gracias a qué tiramos de unha maior lonxitude de corda. 

Como vemos na seguinte figura, si por exemplo queremos levantar o peso unha distancia do chan de 1 metro a lonxitude de corda que debemos tirar será de dous metros.





Nesta outra figura para levantar o peso unha distancia de 1 metro, necesitarei tirar de 4 metros de corda






EXERCICIOS DE REPASO

E agora vos deixo o enlace para que fagades uns exercicios interactivos de repaso de poleas e polipastos. Podedes repetilos todas as veces que queirades ata que vos saia un bó resultado.
Tambén podedes mandarme o resultado o meu correo si queredes.

IR A TEST POPLIPASTOS




RELACIÓN DE TRANSMISIÓN EN SISTEMAS DE POLEAS

RELACIÓN DE TRANSMISIÓN  (3º ESO. PARTE 3 DA CUARENTENA)

Xa coñecemos os sistemas reductores e multiplicadores de velocidade en poleas i engranaxes.
Agora imos dar un pasiño máis:
Vale, temos un sistema reductor de velocidade, pero cánto se reduce? a metade, a cuarta parte...?
Ou temos un sistema multiplicador, pero cánto se multiplica? o doble, o triple,...

Para poder contestar esas cuestións necesitamos introducir un concepto máis, que soa a complicado pero en realidade é moi sinxelo:

RELACIÓN DE TRANSMISIÓN ("rt" ou "i")

Defínese como a relación que existe entre a velocidade da polea conducida "n2" e a polea  motriz "n1".


rt= n2
      n1

Vexamos un exemplo:

Supoñamos un sitema reductor de velocidade como o da figura. A polea motriz ( a pequeniña) xira a unha velocidade de 600 r.p.m (revolucións por minuto). A polea grande o fai a unha velocidade de 200 r.p.m.

Cál é a relación de transmisión?


si o representamos en dúas dimensións:


                                           rt=200rpm 
                                                600 rpm


simplificando, nos quedaría: rt=1
                                                3

que quere dicir que mentres a polea motriz (pequena) da 3 voltas, a grande só dará 1.

Non fai falla facer o cálculo de 1/3. Pero si o fixeramos nos daría 0,3333. Un número inferior a 1 porque estamos ante un sistema reductor de velocidade.

A relación de transmisión tambén a podemos calcular utilizando os diámetros das poleas:

rt=D1
     D2

Utilizaremos unha ou outra fórmula dependendo dos datos que nos den no exercicio.


Outro exemplo:
Agora temos un multiplicador de velocidade do que nos dan os diámetros.

Cál é a relación de transmisión?



 rt=50 cm 
      10 cm

rt= 5

Isto nos quere dicir que temos un sistema multiplicador de velocidade no que por cada volta da polea motriz ( a grande), a pequena dará 5 voltas.


A qué non é difícil?

Por si ainda vos quedastes con algunha duda, vos deixo aquí o enlace dun vídeo onde o explican moi ben:


Pois agora tócavos facer un boletín moi sinxelo. Animo!!

Tedes que completar a seguinte táboa:


Como sempre, cando o teñades mo mandades ó meu correo: rosa.fernandez@colexiomartincodax.com

martes, 14 de abril de 2020

ENERXÍA SOLAR

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 3 da cuarentena por coronavirus)

Podemos diferenciar claramente dous usos que lle podemos dar a enerxía solar:

I. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA

Neste caso utilizamos a enerxía calorífica do sol para quentar auga e logo utilizala na nosa casa (ducha, calefacción, etc). Así non temos que depender tanto do gas ou do gasóleo para a auga quente sanitaria da nosa vivenda.

Débenos quedar claro que este sistema non é para xenerar electricidade.


O panel termosolar leva uns tubos por onde circula a auga ou outro fluido. Por acción do sol quéntase e transmítese ó resto da casa.

II. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

En este caso a electricidade se obtén directamente a través de paneis fotovoltáicos que captan a enerxía luminosa do sol. 

No seguinte vídeo nos dan unha explicación bastante sinxela de cómo funcionan estes paneis, aínda que en realidade o proceso que ten lugar é bastante complexo.


Tambén podemos ver os paneles fotovoltáicos nos tellados das vivendas, e neste caso xenerarían enerxía eléctrica para os usos domésticos e a sobrante se podería vender a compañía eléctrica.

Vos mostro na seguinte imaxe outro tipo de panel fotovoltáico que non estamos acostumados a ver. É transparente e pódese utilizar como unha ventá.

Como podedes ver, con este tipo de placas solares non necesitamos para nada o electromagnetismo nin turbinas nin alternadores, como sucedía nos casos que vimos anteriormente de enerxía hidráulica i eólica.

Imos ver agora un tipo de centrales solares que levan outro tipo de paneles que fan necesario de novo o electromagnetismo:

    II. a. CENTRAL TERMOSOLAR
           
      Este tipo de centrales solares conta con un conxunto de espellos direccionales de grandes dimensións que concentran a radiación solar nun punto. A calor transfírese a un fluído que circula polo interior dunha caldeira e se transforma en vapor.

    Este vapor como está a moita presión move as hélices dunha turbina e transmite o movemento a un xenerador eléctrico, donde gracias ó electromagnetismo se crea corrente electrica.



Coa seguinte animación o ides entender mellor:

Imos entendendo as diferencias entre central termosolar e central fotovoltáica?

E xa vos toca facer os exercicios:

EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?

EXERCICIO 2: Queremos aforrar diñeiro na calefacción que temos de gasóleo e decidimos instalar un panel solar térmico. Poderíamos prescindir totalmente do sistema de calefación por gasóleo? Por qué?

EXERCICIO 3: En qué lugar de España se atopa a maior central termoeléctrica? Cántos fogares poderían vivir coa enerxía que suministra esta central?

EXERCICIO 4: En qué lugar de España se atopa a maior central fotovoltáica? Cántos fogares poderían vivir coa enerxía que suministra esta central?

EXERCICIO 5: Elabora un gráfico  onde se vexa claramente a evolución da potencia fotovoltáica acumulada instalada en España desde o ano 2000 aprox. A qué crees que é debido ese período de gran crecimento e pola contra eses outros anos de estancamento?

EXERCICIO 6: Cáles son os cinco países do mundo con máis potencia en enerxía solar?

EXERCICIO 7: Cómo se chaman os grandes espellos que xiran para captar os raios de sol nas centrales termosolares?

EXERCICIO 8: Cál dos dous tipos de plantas solares (termosolar vs fotovoltáica) que temos presenta máis ventaxas? Cáles son?






 

lunes, 13 de abril de 2020

SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO CIRCULAR (3º ESO. PARTE 2 DA CUARENTENA)

Imos facer algúns exercicios máis. Ésta é a segunda tanda.
Xa sabedes a ónde os tedes que mandar, verdade? 

rosa.fernandez@colexiomartincodax.com

E si tedes algunha duda me preguntades sin problema ó meu correo.

É moi importante que me mandedes os exercicios porque é a única forma de saber si estades entendendo o que vos explico no blog.

E tambén porque probablemente este terceiro trimestre as notas serán en función do traballo que me fagades chegar.

Así que ánimo e a traballar un pouquiño











POLEAS 2

POLIPASTOS OU POLEAS COMPOSTAS 2º ESO (cuarentena virus parte 3)

 Os polipastos están formados por dous grupos de poleas:

1. POLEAS FIXAS: Son poleas inmóviles porque están fixas a un soporte
2. POLEAS MÓVILES: Son poleas que se moven.

A medida que aumentamos o número de poleas nun polipasto, o mecanismo é máis complexo pero permite reducir moito máis o esforzo necesario para levantar unha carga.

Só temos un pequeno inconveniente, recordades cál era?...
Efectivamente, teremos que tirar de máis metros de corda para levantar o peso. Pero non nos importa, verdade? O importante é ser capaces de levantar o peso fácilmente.




Cómo podedes ver nesta imaxe, para saber cál é a forza que teño que facer para levantar o peso teño que ir subindo polas cordas desde o peso deica arriba ata chegar a última polea fixa.

Como curiosidade que sepades que temos dous tipos de polipastos:

 POLIPASTOS CON POLEAS MÓVILES AGRUPADAS:


Neste caso as poleas móviles suben e baixan as dúas ó mesmo tempo, vos dades conta?
Se observades cantas cordas levantan o peso son 4. Por tanto a última polea fixa só ten que facer un esfozo da cuarta parte do peso a levantar.

Outro exemplo polipastos agrupados é o seguinte:
 Este sistema utilízase para aproveitar mellor o  espazo pero é un aforro de esforzo igual ó anterior porque si contades veredes que tambén son 4 as cordas que levantan o peso.

  POLIPASTOS CON POLEAS MÓVILES ENCADENADAS:



E neste outro caso cada polea móvil  móvese por libre, é dicir,  a polea 1 móvese independientemente da 2. A polea 2 móvese con independencia da 1 e da 3...

Este último exemplo o ides ver mellor na seguinte animación:



E agora tócavos a vos. No seguinte enlace deixovos o boletín 2 e 3 de poleas para que me enviedes ó meu correo.


boletín 2


boletín 3


NON VOS ESQUEZADES DE MANDARME OS DEBUXOS NOS EXERCICIOS


viernes, 27 de marzo de 2020

ENERXÍA EÓLICA

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 2 da cuarentena por coronavirus)



Todos coñecemos eses aeroxeneradores xigantes que están polas nosos montes ( e últimamente tambén se están instalando no mar), verdade?

Como sabedes, son para xenerar enerxía eléctrica a partir do vento.

Cómo funcionan?


 
O vento move as aspas e  este movemento de rotación ten que pasar ó xenerador que está no seu interior.
 
No xenerador van aloxados imáns e bobinas de cobre  nas que se xeneran corrente eléctrica tal como explicamos nas centrais hidráulicas do tema anterior. Nese caso era a auga a que facía mover as turbinas.

Un só xenerador eólico de 1500 Kw pode producir en menos de  cinco días o rendemento equivalente a unha tonelada de petróleo, pero sin gases contaminantes. 

 
 
Imos agora co traballo que vos toca facer a vos. Debedes facelo en follas soltas ou na libreta, a man. Despóis lle sacades unha foto e o enviades ó meu correo: rosa.fernandez@colexiomartincodax.com para que o corrixa e volo devolva. Ok?  
 
Por favor, investigade un pouco pola vosa conta antes de contestar.

EXERCICIO 1: Cómo se xenera a enerxía eléctrica nas centrales eólicas? Si é posible inclúe algún debuxo esquemático.

EXERCICIO 2: Trátase dunha fonte de enerxía renovable? Por qué?

EXERCICIO 3: Cáles son as ventaxas de este tipo de centrales?

EXERCICIO 4: Cáles son os inconvintes?

EXERCICIO 5: Coas centrais eólicas que temos en Galicia, serían suficientes para autoabastacernos? (refírome a autoabastecerse Galicia) Por qué?
 
 EXERCICIO 6: Qué rango de velocidade debe ter o vento para que os aeroxeneradores funcionen correctamente? Qué pasa cando a velocidade non está en eses valores?.


EXERCICIO 7: Poderiamos almacenar a enerxía eléctrica que producen os aeroxeneradores cando están funcionando a pleno rendimento para utilizala cando no exista vento? por qué?


EXERCICIO 8: Como sabedes, as palas dos aeroxeneradores non poden xirar a moita velocidade por seguridade (se podería desprender), entón, cómo é posible que xeneren tanta enerxía eléctrica?


EXERCICIO 9: Cal é o país do mundo que xenera máis enerxía eólica?. Qué posición ocupa España?

jueves, 26 de marzo de 2020

poleas 1

POLEAS 2º ESO (cuarentena virus parte 2)

Imos comenzar co seguinte tema, as poleas. O igual que xa vimos anteriormente nas pancas, as poleas están para facilitarnos a vida aforrando importantes esforzos en diferentes situacións.

Veremos que hai dous tipos fundamentales de poleas: as fixas e as móviles.


1. POLEAS FIXAS  (ou polea simple)
Trátase dunha polea onde o seu eixo se fixa a un soporte manténdoa inmóvil (non se pode desplazar deica arriba nin para abaixo) pero permitíndolle xirar libremente.


 Este tipo de poleas non nos proporciona aforro de esforzo para subir unha carga (F=R) pero sí que nos fai máis cómodo levantar unha carga poir é máis doado tirar deica baixo que para arriba. Por qué? Pois porque nos aproveitamos do peso do noso corpo.



2. POLEA MÓVIL


 Neste caso de polea sí que aforramos esforzo, en concreto a metade, non é así?
O segredo está en que se reparte o peso entre as dúas cordas, de tal forma que é como si tiraran dúas forzas ó mesmo tempo da polea móvil.

Pero aquí hai algo raro, verdade rapaces? Cómo se  suxeita esa polea móvil, porque así como está caería. Efectivamente, non pode ir sóa, senón acompañada dunha polea fixa que a suxeite.



 Podemos dicir tambén que este tipo de poleas consiguen aforrar a metade de esforzo a costa de ter que tirar polo doble de corda.


 Imos agora a facer uns exercicios moi sinxelos que vos deixo a continuación:



Xa sabedes que tedes que envialos ó meu correo, onde enviastes os das palancas: rosa.fernandez@colexiomartincodax.com

miércoles, 18 de marzo de 2020


SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO CIRCULAR (3º ESO. PARTE 1 DA CUARENTENA)

Querid@s alumn@s, imos empezar con este tema durante este periodo de confinamento nas vosas casas.

Corresponde a clase de tecnoloxía taller, onde íamos ir en breve para empezar coa construcción do coche.

Intentarei explicarvos o mellor posible para que me entendades.

De todos modos para todas as vosas dudas xa sabedes que estou no correo: rosa.fernandez@colexiomartincodax.com.

Imos alá entón...

Si agora tivésemos que construir o coche, pensaríades...miña nai!! por onde empezo??

Pois primeiro pensaríamos o modelo que nos gustaría: furgoneta de xeados, coche hamburguesa, todoterreno, superdeportivo...

Despóis buscaríamos os materiais con que facelo: madeira fina, cartón pluma, cartón, plástico...

Pero en algún momento pensaríamos: "Vale... pero cómo fago que ande só?"

E aí é onde encaixa este tema.

Temos que utilizar un motor como o que xa usastes na grúa, que poderá xirar cando o conectemos a unha pila.

Pero para que o coche poida andar necesito que o que xiren sean as rodas, entón cómo transmito o movemento circular do motor as rodas?

Imos ver algúns sistemas de transmisión:


TRANSMISIÓN POR POLEAS



Nesta figura vedes que hai dúas poleas: unha de cor vermello e a outra azul. A de cor vermello chamarémoslle polea motriz porque está unida ó motor. E a de cor azul chamarémoslle polea conducida porque recibe o movemento da motriz gracias a transmisión da correa.

Normalmente á polea motriz a identificaremos co número 1 e a polea conducida co número 2.




A continuación vos poño os enlaces a dous vídeos que vos mostran unha animación de estas poleas:



Si a polea motriz (polea 1) é máis grande que a conducida (polea 2), diremos que é un sistema multiplicador de velocidade porque a polea 2 vai máis rápido que a 1.

Si a polea motriz é máis pequena que a conducida, diremos que é un sistema reductor de velocidade porque a polea 2 vai máis despacio que a polea 1.

Qué tal? O vades entendendo?...

Agora tócavos a vós. A continuación deixo unha ficha para que a fagades e ma enviedes ó meu correo para correxila e devolvela.