POLIPASTOS OU POLEAS COMPOSTAS 2º ESO (cuarentena virus parte 3)
Os polipastos están formados por dous grupos de poleas:1. POLEAS FIXAS: Son poleas inmóviles porque están fixas a un soporte
2. POLEAS MÓVILES: Son poleas que se moven.
A medida que aumentamos o número de poleas nun polipasto, o mecanismo é máis complexo pero permite reducir moito máis o esforzo necesario para levantar unha carga.
Só temos un pequeno inconveniente, recordades cál era?...
Efectivamente, teremos que tirar de máis metros de corda para levantar o peso. Pero non nos importa, verdade? O importante é ser capaces de levantar o peso fácilmente.
Cómo podedes ver nesta imaxe, para saber cál é a forza que teño que facer para levantar o peso teño que ir subindo polas cordas desde o peso deica arriba ata chegar a última polea fixa.
Como curiosidade que sepades que temos dous tipos de polipastos:
POLIPASTOS CON POLEAS MÓVILES AGRUPADAS:
Neste caso as poleas móviles suben e baixan as dúas ó mesmo tempo, vos dades conta?
Se observades cantas cordas levantan o peso son 4. Por tanto a última polea fixa só ten que facer un esfozo da cuarta parte do peso a levantar.
Outro exemplo polipastos agrupados é o seguinte:
Este sistema utilízase para aproveitar mellor o espazo pero é un aforro de esforzo igual ó anterior porque si contades veredes que tambén son 4 as cordas que levantan o peso.
Este último exemplo o ides ver mellor na seguinte animación:
E agora tócavos a vos. No seguinte enlace deixovos o boletín 2 e 3 de poleas para que me enviedes ó meu correo.
boletín 2
boletín 3
NON VOS ESQUEZADES DE MANDARME OS DEBUXOS NOS EXERCICIOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O único requisito para comentar neste blog é o respecto polos demais.
Grazas pola túa participación