Podemos diferenciar claramente dous usos que lle podemos dar a enerxía solar:
I. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
Neste caso utilizamos a enerxía calorífica do sol para quentar auga e logo utilizala na nosa casa (ducha, calefacción, etc). Así non temos que depender tanto do gas ou do gasóleo para a auga quente sanitaria da nosa vivenda.
Débenos quedar claro que este sistema non é para xenerar electricidade.
II. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA
En este caso a electricidade se obtén directamente a través de paneis fotovoltáicos que captan a enerxía luminosa do sol.
No seguinte vídeo nos dan unha explicación bastante sinxela de cómo funcionan estes paneis, aínda que en realidade o proceso que ten lugar é bastante complexo.
Tambén podemos ver os paneles fotovoltáicos nos tellados das vivendas, e neste caso xenerarían enerxía eléctrica para os usos domésticos e a sobrante se podería vender a compañía eléctrica.
Vos mostro na seguinte imaxe outro tipo de panel fotovoltáico que non estamos acostumados a ver. É transparente e pódese utilizar como unha ventá.
Vos mostro na seguinte imaxe outro tipo de panel fotovoltáico que non estamos acostumados a ver. É transparente e pódese utilizar como unha ventá.
Como podedes ver, con este tipo de placas solares non necesitamos para nada o electromagnetismo nin turbinas nin alternadores, como sucedía nos casos que vimos anteriormente de enerxía hidráulica i eólica.
Imos ver agora un tipo de centrales solares que levan outro tipo de paneles que fan necesario de novo o electromagnetismo:
II. a. CENTRAL TERMOSOLAR
Este tipo de centrales solares conta con un conxunto de espellos direccionales de grandes dimensións que concentran a radiación solar nun punto. A calor transfírese a un fluído que circula polo interior dunha caldeira e se transforma en vapor.
Este vapor como está a moita presión move as hélices dunha turbina e transmite o movemento a un xenerador eléctrico, donde gracias ó electromagnetismo se crea corrente electrica.
Imos entendendo as diferencias entre central termosolar e central fotovoltáica?E xa vos toca facer os exercicios:
EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?
EXERCICIO 2: Queremos aforrar diñeiro na calefacción que temos de gasóleo e decidimos instalar un panel solar térmico. Poderíamos prescindir totalmente do sistema de calefación por gasóleo? Por qué?
EXERCICIO 3: En qué lugar de España se atopa a maior central termoeléctrica? Cántos fogares poderían vivir coa enerxía que suministra esta central?
EXERCICIO 4: En qué lugar de España se atopa a maior central fotovoltáica? Cántos fogares poderían vivir coa enerxía que suministra esta central?
EXERCICIO 5: Elabora un gráfico onde se vexa claramente a evolución da potencia fotovoltáica acumulada instalada en España desde o ano 2000 aprox. A qué crees que é debido ese período de gran crecimento e pola contra eses outros anos de estancamento?
EXERCICIO 6: Cáles son os cinco países do mundo con máis potencia en enerxía solar?
EXERCICIO 7: Cómo se chaman os grandes espellos que xiran para captar os raios de sol nas centrales termosolares?
EXERCICIO 8: Cál dos dous tipos de plantas solares (termosolar vs fotovoltáica) que temos presenta máis ventaxas? Cáles son?