POLEAS 2º ESO (cuarentena virus parte 2)
Imos comenzar co seguinte tema, as poleas. O igual que xa vimos anteriormente nas pancas, as poleas están para facilitarnos a vida aforrando importantes esforzos en diferentes situacións.Veremos que hai dous tipos fundamentales de poleas: as fixas e as móviles.
1. POLEAS FIXAS (ou polea simple)
Trátase dunha polea onde o seu eixo se fixa a un soporte manténdoa inmóvil (non se pode desplazar deica arriba nin para abaixo) pero permitíndolle xirar libremente.
2. POLEA MÓVIL
Neste caso de polea sí que aforramos esforzo, en concreto a metade, non é así?
O segredo está en que se reparte o peso entre as dúas cordas, de tal forma que é como si tiraran dúas forzas ó mesmo tempo da polea móvil.
Pero aquí hai algo raro, verdade rapaces? Cómo se suxeita esa polea móvil, porque así como está caería. Efectivamente, non pode ir sóa, senón acompañada dunha polea fixa que a suxeite.
Podemos dicir tambén que este tipo de poleas consiguen aforrar a metade de esforzo a costa de ter que tirar polo doble de corda.
Imos agora a facer uns exercicios moi sinxelos que vos deixo a continuación:
Xa sabedes que tedes que envialos ó meu correo, onde enviastes os das palancas: rosa.fernandez@colexiomartincodax.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O único requisito para comentar neste blog é o respecto polos demais.
Grazas pola túa participación