Reflexión

"Locura es hacer la misma cosa una y otra vez esperando resultados distintos" (Albert Einstein 1879-1955)

miércoles, 12 de noviembre de 2025

 Pon en práctica o tampón de clonar no seguinte exercicio











 Práctica de fusión de fotografias:




 Resultado:



Intercambio de caras




Aqui o resultado





miércoles, 29 de octubre de 2025

EXAME PHOTOSHOP: FUSIÓN DE IMÁXENES


EXAME PHOTOSHOP

A partir de estas dúas fotos




Debes facer a seguinte composición:



EXAME PHOTOSHOP: TAMPÓN DE CLONAR

EXAME PHOTOSHOP

Aquí vos deixo  dúas fotos. A primeira ten o dentes amarelos e rotos. Tedes que arreglala para que quede como a segunda foto (Pistas: - "axustes de saturación" e "tampón de clonar")



EXAME PHOTOSHOP: INTERCAMBIO DE CARAS

 EXAME PHOTOSHOP

Debes realizar o seguinte intercambio de caras






jueves, 20 de abril de 2023

EXAMEN EDICIÓN DE VIDEO 3º ESO 

Aquí vos deixo os videos para o exame. O primeiro deles é o que tedes que descargar á carpeta do voso curso.

A continuación, en "I movie" debedes crear unha película nova, á cal hai que arrastrar ese video que descargástedes.

Debedes intentar facer o posible (dividir video, transicións, títulos, efectos de vídeo...) para que se asemelle  ó video do resultado.

Por suposto, o video resultado podedes visualizalo tódalas veces que consideredes necesario.

Cando acabes debedes darlle a onde aparece "Proyectos" (esquina superior izquierda) e gardalo co voso nome e apelidos.

Moita sorte!


Video para descargar


Video para mirar o resultado









lunes, 28 de marzo de 2022

Aquí vos deixo o enlace para o video que imos traballar na aula en edición de vídeo.




Ver video en youtube





domingo, 24 de mayo de 2020

CENTRAIS NUCLEARES

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 5 da cuarentena por coronavirus)

As centrais nucleares son instalacións onde se producen reaccións de fisión controladas para obter enerxía térmica (vapor) que a súa vez moverá unha turbina conectada a un xenerador onde se producirá a electricidade.

Pero, qué é unha reacción de fisión nuclear?


Pois consiste nunha reacción físico-química mediante a cal se parte o núcleo dun átomo.

E qué conseguimos ó romper ó núcleo?

Obtemos unha cantidade  moi grande de enerxía en forma de calor.

E para qué queremos tanta calor?

Esta resposta xa a podemos supoñer, verdade?

Para obter vapor que segundo vimos nas centrales térmicas, derivará na consecución de electricidade no xenerador.

Sirve calquera átomo para a fisión nuclear?

Non. Só podemos utilizar materiais radiactivos como o uranio (principalmente) ou o plutonio.


Si queres indagar un pouco máis sobre a realidade das centrales nucleares déixoche o seguinte video:

Ver video

E agora tocan os exercicios:

EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?

EXERCICIO 2: Cáles son as similitudes e cáles as diferencias coas centrales térmicas vistas anteriormente?

EXERCICIO 3: Indica as ventaxas deste tipo de centrais

EXERCICIO 4: E cáles son os inconvintes?

EXERCICIO 5: Estase investigando a nivel internacional na fusión nuclear como a alternativa perfecta a este tipo de centrales nucleares. Podes investigar un pouco en qué consiste? 

EXERCICIO 6: Cáles son as centrais nucleares que temos en España e onde se atopan? Temos algunha en Galicia?


EXERCICIO 7: Investiga qué fan os distintos países cos seus residuos nucleares. Qué opinión che merece o tema do almacenamento de este tipo de residuos.




domingo, 10 de mayo de 2020

CENTRÁIS TÉRMICAS ELÉCTRICAS

FONTES DE ENERXÍA (4º TECNOLOXÍA. Parte 4 da cuarentena por coronavirus)

Imos ir agora cun tipo de central eléctrica moi importante no noso país, por desgracia. Por qué o digo? Pois porque é bastante contaminante, sobre todo as de un tipo de combustible que ides descubrir máis adiante.

As centrais térmicas convencionais producen electricidade a partir da enerxía calorífica desprendida pola combustión de fuel-oil, carbón, gas natural, etc.

O combustible quéimase nunha caldeira, e a calor producida transmítese á auga, que se convirte en vapor a alta temperatura.

Despois de circular por unha serie de conductos, acciona as turbinas e impulsa as súas hélices facéndoas xirar. Dito movemento é transmitido ó xenerador que, polos fenómenos de electromagnetismo, convirte a enerxía cinética do movemento do rotor en enerxía eléctrica.

O vapor de auga utilizado enfríase na torre de refrixeración e volve a transformarse en auga líquida, que retornará de novo a caldeira.







No seguinte vídeo podedes ver claramente como funcionan estas centráis.


E xa vos toca facer os exercicios:

EXERCICIO 1: Trátase dunha fonte renovable de enerxía? Por qué?

EXERCICIO 2: Vedes que estas centráis teñen dúas chimeneas: unha alta e delgada e outra moi ancha e máis baixa. Polas dúas vemos sair gases. Cál é a realmente contaminante? por qué?

EXERCICIO 3: Dos posibles combustibles de este tipo de central eléctrica, cál é máis contaminante, cal o que menos?

EXERCICIO 4: Qué porcentaxe do total da enerxía eléctrica que se xenera en España corresponde as centráis térmicas?

EXERCICIO 5: En qué lugar de España está a central térmica de máis potencia? E de Europa?

EXERCICIO 6: Sabías que o carbón, o petróleo... non só se utilizan para queimalos como combustible? Teñen outros usos moi importantes, podes investigar cáles?

EXERCICIO 7: Completa as fases de funcionamento dunha central térmica no seguinte esquema:




EXERCICIO 8: Qué relación teñen as centráis térmicas co efecto invernadoiro?